• Estudo de arquitectura en Verín
Bandeira idioma galego

Selecciona o teu idioma

Xestión urbanística en Ourense

Expertos na legalización e xestión urbanística en Ourense

Asesoramento urbanístico en Ourense

Os nosos arquitectos encárganse de asesoralo en materia de urbanismo

O estudo Arquitectura Calculada está formado por un equipo de profesionais con alto coñecemento da normativa vixente no campo urbanístico e construtivo. É por iso que ofrecemos os nosos servizos para, entre moitos outros trámites, conseguir a legalización de construcións, a xestión urbanística dunha nova construción, a resolución de dúbidas...

A situación de cada un dos clientes que confían nos nosos arquitectos é diferente, por iso ofrecemos un asesoramento urbanístico en Ourense ou Zamora, totalmente personalizado, buscando as opcións ou solucións que mellor encaixan cos seus intereses.

A nosa experiencia e formación permítennos garantir unha taxa de éxito moi elevada. É por iso que, se precisa, por exemplo, legalizar unha construción ou busca profesionais que lle poidan ofrecer asesoramento urbanístico para levar a cabo algún proxecto, non dubide en poñerse en contacto co noso equipo.

Contactar

Legalización urbanística en Ourense para velar polos seus intereses

O noso obxectivo é, sempre, defender os intereses dos clientes fronte a multas ou ordes de derrubamento tramitadas pola administración pública. É por iso que, como arquitectos, especializámonos nos trámites para legalizar construcións en Ourense e Zamora.

O proceso para lograr unha legalización urbanística é tedioso, e require un coñecemento profundo da normativa. Entre as xestións que realizamos podemos destacar a preparación da documentación, o desenvolvemento de peritaxes, o estudo de viabilidade, a solicitude de licenzas...

En Arquitectura Calculada traballamos tanto para particulares como para empresas ou despachos de avogados que precisen dun asesoramento urbanístico experto. Poñémonos á súa disposición para facilitar a legalización de calquera construción.

Ten un galpón ao que lle afecta unha orde de derrubamento? Construíu unha vivenda nun solo non urbanizable? É o momento de poñerse en contacto co noso equipo de arquitectos. Axudarémoslle con todos os trámites para lograr legalizar a construción e solucionar todos os problemas coa administración.

Legalizar construcción en Ourense

Escollernos para ofrecer asesoramento urbanístico é unha gran opción

Asesoramento personalizado

Nos nosos servizos de xestión urbanística acompañamos aos clientes en todo momento e ofrecémoslle un seguimento personalizado do seu caso.

Compromiso con cada caso

Traballamos a favor dos intereses de cada un dos nosos clientes. Contacte con nós para solicitar asesoramento urbanístico en Zamora e Ourense.

Gran coñecemento do sector

Estamos en continua formación para contar con un gran coñecemento da normativa e as leis que afectan aos proxectos construtivos e urbanísticos.

Xestión urbanística en Zamora

Aseguramos a mellor xestión urbanística en Ourense, sexa o caso que sexa

En Arquitectura Calculada traballamos co obxectivo de ofrecer un servizo integral aos nosos clientes e, por iso, desenvolvemos unha ampla gama de servizos que se enmarcan dentro da xestión urbanística en Zamora e Ourense. Independentemente de cal sexa a súa situación ou necesidade, os nosos arquitectos encargaránse de avaliar minuciosamente a situación e informarlle de maneira detallada sobre cal é a opción que mellor se axusta ás súas necesidades.

Son moitos os clientes que acoden ao noso estudo en busca de asesoramento urbanístico, sabedores da nosa capacitación e a importancia de contar con orientación profesional á hora de tratar este tipo de cuestións.

Algunhas situacións nas que lle podemos axudar como expertos en xestión urbanística son:

  • Legalización urbanística: se ten unha orde de derrubamento dunha construción por non ser legal o seu uso, os nosos profesionais poden axudarlle e conseguir legalizar a obra para outro uso e, así, conseguir manter a estrutura.
  • Denuncias entre veciños: encargámonos de lidiar entre veciños que interpoñen denuncias por, por exemplo, realizar obras sen permiso ou recoñecer a propiedade dun terreo.

Saber máis

Como especialistas en urbanismo traballamos para todo tipo de clientes

Legalizar una vivienda en Ourense

Particulares

Precisa axuda para a tramitación dunha licenza? Busca expertos para legalizar unha construción ou resolver un conflito coa administración? Está no lugar indicado! Ofrecemos os nosos servizos de asesoramento urbanístico en Zamora e Ourense para clientes particulares que precisen dun apoio experto neste tipo de xestións.

Gestión urbanística

Empresas

A nosa longa traxectoria como arquitectos proporcionando servizos de xestión urbanística, fixo que traballásemos, ademais de para clientes particulares, para despachos de avogados ou diferentes concellos.

Confíe no equipo de Arquitectura Calculada.

Contacte con nós se precisa asesoramento urbanístico en Ourense

Somos unha empresa especializada en xestión urbanística en Zamora e Ourense. Entre todos os servizos que realizamos podemos destacar os trámites para a legalización urbanística dalgunha construción ou requiran o noso asesoramento urbanístico para levar a cabo algún proxecto de construción ou rehabilitación. Traballamos para que todos os seus trámites e obras cumpran coas normativas vixentes e, polo tanto, non teña que padecer problemas ou complicacións legais con administracións.

Contactar

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.